Actividades Medioambientais







Natureza real



O entorno de Covas é un auténtico privilexio da natureza no que poder gozar de diversas actividades. A fraga que nos rodea é ideal para organizar rutas de sendeirismo nos que poder gozar da natureza ao mesmo tempo que practicamos deporte, pechando un marco perfecto de apego polo medio ambiente e estilo de vida saudábel.












Os nosos cabalos



Así mesmo, unha posibilidade que estamos a estudar é a realización de rutas guiadas a cabalo cos nosos exemplares de pura raza galega, que farán as delicias dos amantes destes soberbios animais.


Esta recua de cabalos con personalidade propia habita en réxime de semiliberdade na finca de Covas, aportando a súa estampa ese carácter de natureza e autenticidade galega que caracteriza estas terras.









Aprender en Covas



E para todo aquel interesado pola historia e a vida rural, na finca contamos cun patrimonio etnográfico único, protexido polo inventario do patrimonio cultural de Galicia que son escenario real da vida dos nosos antepasados. O muíño, a capela e o pallar, entre outros, están abertos a todo aquel visitante que sinta curiosidade, coa posibilidade de realizar visitas organizadas para turistas ou centros educativos.






Para máis información e reservas, contacta con nós



Contacto