A Casa de Covas


O centro da finca atópase presidido por un caserío de máis de 2.000 m2, considerado por algúns como a casa máis antiga do concello de Taboada.

 

Cando atravesamos as vetustas portas de madeira da entrada, atopamos un gran salón no que poder acomodarnos e pasar uns momentos de relaxación. Nesta planta tamén se sitúa un baño completo e unha cociña con todas as comodidades, á que lle segue un gran comedor no que poderemos degustar dos produtos tradicionais mentres admiramos ao lonxe, a través dunha gran cristaleira, as colmeas e as inmediacións do bosque.

 

Esta planta tamén dá acceso a un patio central que nos levará directamente ao espazo completamente rehabilitado e acondicionado para o almacenamento, procesado e envasado dos produtos de Covas. De volta na casa, e subindo ao primeiro andar, atoparemos catro apartamentos completamente rehabilitados e con todos os servizos, nos que o público poderá instalarse e gozar de todas as comodidades. Os plans son continuar coas an rehabilitacións doutras estancias e ampliar así a oferta de aloxamento.

Anexadas á casa, observaremos outras edificacións de gran valor etnográfico e histórico, protexidas polo inventario do patrimonio cultural de Galicia.

 

 

Outras áreas que atoparemos arredor da casa e que non deben pasar inadvertidas son o pallar grande, o forno, a aira, o hórreo, unha fonte romana, a bodega ou o pombal. A maior parte destas edificacións atópanse nun bo estado de conservación xa que foron rehabilitadas, e outras planéanse rehabilitar nun futuro próximo.

 

En conclusión, este conxunto de edificacións constitúen un escenario completo que nos transporta a unha época pasada, na que non só poder lembrar senón recrear a vida que os nosos antepasados tiñan fai 3 ou 4 séculos.

 

A banda das edificacións de carácter histórico, existe outra serie de construcións en Covas máis modernas que tamén merecen ser nomeadas, e que son as que hoxe permiten o seu funcionamento e mantemento dos seus servizos:

 

 

Arrow
Arrow
ArrowArrow
Slider