Información importante sobre as licencias de caza en Galicia

| Caza e adestramento

Compartimos un anuncio feito pola Federación Galega de Caza que pode resultar de interese para os seguidores da cinexética.


A Federación Galega de Caza (FGC) recórdanos que, de acordo co artigo 32.4 da Ley 10/1990, de 15 de octubre, del Deporte, é a única entidade facultada para a emisión de licenzas federativas de caza de carácter autonómico e nacional válidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Polo tanto, todas aquelas licenzas federativas emitidas a cazadores galegos por outras entidades alleas á FGC carecen absolutamente de calquera validez. Así o recolle o certificado emitido pola Real Federación Española de Caza.


En Covas 21 defendemos a práctica da caza dunha forma legal, responsable e respectuosa co medio ambiente.


 


Leave a comment