Vespa asiática: un perigo para as nosas abellas (1)

· · · | a bitácora · Galicia · Mel

Como ben sabemos os amantes da Apicultura, a Vespa velutina, máis coñecida nas rúas como a terrible vespa asiática, está a supoñer una auténtica ameaza para as nosas abellas autóctonas, e, como é evidente, para a futura produción de mel na nosa comunicade autónoma, así como noutras rexións de España.


Unha das claves para frear a expansión deste insecto invasor é coñecer o seu comportamento e técnicas de ataque. Isto permitirá desenrolar técnicas apícolas que resulten efectivas para a súa erradicación.


Por iso gustaríanos compartir con vós un material que resultará moi valioso para aqueles que queiran coñecer máis da ecoloxía desta vespa. Debido a que son vídeos un pouco extensos, iremos compartindo este contido en sucesivas entradas ao longo destas semanas, nos que se irán mostrando tanto as características principais da súa natureza como os diferentes experimentos levados a cabo para combatela.


Ernesto Astiz, apicultor con ampla experiencia no sector, é quen nos relata a súa experiencia e nos introduce con luxo de detalle no seu experimento, o cal foi realizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.


Tanto se es veterano apicultor como se te estás iniciando neste mundo apaixonante, seguro que resulta do teu interese.




Leave a comment