Feira do Cabalo de Adai
Os amantes dos cabalos estades de sorte. Marchamos de Feira!
O vindeiro domingo 25 de xuño celébrase en Adai, Lugo, a Feira Anual do Cabalo.
Adai é unha pequena parroquia que pertence ao Concello lucense de O Corgo. Este lugar non é só famosa por contar cunha xoia arquitectónica como o Pazo de Adai, senón tamén pola celebración de algunhas festividades de especial relevancia. Este é o caso da Feira do Cabalo, onde cada ano se congregan multitude de xinetes, vendedores de reses equinas e curiosos interesados por estes animais. Co paso dos anos, esta feira converteuse nunha cita de referencia no sector, reunindo a un gran número de visitantes pola oferta de competicións, xogos populares e delicias gastronómicas que se inclúen na feira.
Aquí tedes o programa da xornada, que tamén podedes consultar neste enlace.
Programa Feira do Cabalo de Adai
09:30 – Apertura do recinto feiral. Actuación durante todo o día da Charanga NBA.
10:00 – Entrega de agasallos de benvida aos cabaleiros.
11:00 – Inscrición para os concursos morfolóxicos na mesa do xurado.
11:30 – Concurso morfolóxico de cabalos de pura sangue galega, puntuable para a XVI Copa Galicia Pura Raza Galega, maiores de tres anos.
12:00 – Concurso morfolóxico de eguas de pura sangue galega, puntuable para a XVI Copa Galicia Pura Raza Galega, maiores de tres anos.
12:30 – Concurso morfolóxico de cabalos cruzados, maiores de tres anos.
13:00 – Concurso morfolóxico de eguas cruzadas, maiores de tres anos.
13:30 – Entrega de premios e trofeos de Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega da Asociación Pura Raza Cabalo Galega.
17:00 – Gran Exhibición de Doma de Alta Escola Doma Clásica, Fantasías ecuestras e Doma en liberdade.
Non perdades esta oportunidade de gozar en directo destas belezas na natureza.
Vémonos na feira!