As doenzas dos nosos cans

· | bitácora · Caza e adestramento · Uncategorized @gal

Quen pense que a vellez é soamente cousa dos seres humanos, atoparase nun tremendo erro. E se non, non temos máis que mirar cara os nosos compañeiros de batalla, que canda nós están a sufrir o peso no tempo e o deterioro do seu corpo.


Falamos dos nosos cans, deses compañeiros inseparables para quen as veces pensamos que non pasan os días. Pero nada máis lonxe da realidade, debemos ser conscientes de que eles tamén padecen os seus dores e tristuras, converténdose nuns velliños para os que as cousas non son tan sinxelas coma antes.


E coma nós, eles tamén precisan uns coidados e unha alimentación especial, que lles faga os días máis levadeiros, e que non lle supoña un sobreesforzo para a súa fisioloxía. Neste enlace, os expertos ilústranos con algúns métodos que axudarán a mellorar a vida dos cans que padecen artrose, un mal de todos os vellos e que se fai patente nun dos membros máis queridos da nosa casa: o noso bretón Lois.


Se vós tamén tedes un amigo nestas condicións, tede en conta as seguientes pautas:

  • Reducir a intensidad dos paseos. Precisan moverse, sí, pero en paseos máis curtos e de menor intensidade.
  • Evitar os movementos bruscos. Acabouse iso de lanzar un pao para que o vaia recoller. Agora os xogos deben ser suaves e axustados a súa idade. E cos cans de caza igual: a todos nos chega a xubilación, e eles tamén a merecen despois de toda unha vida de duro traballo no campo.
  • Reducir a cantidade de comida. Ao facer menos actividade física, a inxesta de calorías debe ser tamén menor e adaptada a súa nova dentadura, evitando problemas de sobrepeso que empeorarán significativamente os seus ósos.
  • Facilitar a súa calidad de vida mediante á adaptación do entorno, cun lugar adecuado para que poida descansar e moverse sen problemas.


E o primeiro e máis importante, darlle moito moito cariño, o mesmo que eles nos brindan cada día.


OLYMPUS DIGITAL CAMERA


Leave a comment