Coñeces o Turismo Cinexético?

· | a bitácora · Caza e adestramento · Ocio e turismo · Uncategorized @gal

En Covas 21 queremos ofrecerche unha forma diferente de facer caza. Entendemos que a natureza é un ben prezado que debemos conservar, e na nosa finca sentímonos privilexiados de contar ao noso redor cun patrimonio floral e faunísitco de desbordante calidade. Falar de Covas é falar de Natureza Desbordante.


Por iso un dos nosos principios é colaborar coa conservación das especies autóctonas, nun intento por manter o espírito e tradición de Galicia. Desde os nosos carballos ata os nosos cabalos de Pura Raza Galega (sen esquecer por un intre o noso delicioso mel con Indicación Xeográfica Protexida) lucen a marca de autenticamente galego, algo do que nos sentimos orgullosos.


A caza é unha práctica ancestralmente recurrida na nosa terra, unha cuestión cunha orixe de necesidade e que hoxe converteuse nun recurso recreativo con incontables seguidores. En Covas 21 podemos ofrecer aos cazadores xustamente o que están buscando, unha forma de desenvolver esta práctica rodeados de natureza, recuperando a esencia verdadeira dos antigos cazadores. Pero todo está feito dunha forma controlada, cumplindo con todas as normativas vixentes e ofrecendo absoluta seguridade aos usuarios. Como tamén está controlado o estado dos animais que serven para o desenvolvemento da nosa oferta. Levamos un rigusoso coidado e saneamento dende o momento que son adquiridos ata que son postos en liberdade, proceso que realizamos de forma paulatina e vixíada para reducir o impacto no medio ambiente e os niveis de estrés. Este proceso e cría en semiliberdade fai que os animais conserven o seu instinto salvaxe.

Unha nova forma de facer turismo

Pero non é unicamente a caza o único entretemento que atoparás en Covas. A súa  natureza desbordante  e poder gozar dos  produtos  da nosa deron lugar a un concepto moito máis amplo: o  turismo cinexético.


Achégate coa familia e amigos a coñecer esta nova forma de facer turismo, e convirte  Covas 21  no destino que estás buscando para estas vacacións.


Agardámoste.



Leave a comment