Covas: lugar que te ofrece casi todo lo que deseas del turismo rural y que muchas veces no encuentras

| Turismo rural

Se estás a buscar un lugar no que poder esconderte do acelerado ritmo da vida urbana e do ambiente asfixiante da cidade, Covas é o lugar que necesitas. Estamos nun espazo illado, rodeados de castiñeiros, carballos, uces, bidueiros e piñeiros, onde o canto das aves e o son do río substitúen ás bucinas e ao alboroto das rúas. Un espazo no que poderás atopar ese ansiado descanso, ou no que poder mergullarte nun ambiente de paz e tranquilidade.


O día 15 de abril pomos en marcha unha iniciativa de oferta de aloxamento para todas aquelas persoas que estean a buscar unha alternativa de turismo rural na alta Ribeira Sacra. Dispomos de catro apartamentos completamente restaurados e habilitados que contan con dormitorio, cociña, calefacción, rede wifi e baño propio, e o noso propósito é finalizar canto antes a restauración de dous máis.


No interior do complexo casa-vivenda contamos con catro apartamento completamente rehabilitados para aloxamento rural, así como varios salóns de descanso, nos que poderán aloxarse ata 14 persoas. Nestes apartamentos os usuarios disporán de todas as comodidades nunha contorna de auténtica natureza, onde poder gozar das alternativas que ofrece Covas 21. Doutra banda, a nosa privilexiada localización na Ribeira Sacra permitiravos coñecer de preto outros tesouros da nosa cultura, do noso patrimonio, da nosa paisaxe e da nosa gastronomía.


A oferta de aloxamento en Covas 21 adáptase a unha ampla variedade de perfís: desde familias, parellas ou amigos que buscan un lugar ao que fuxir da rutina diaria, ata os apaixonados da flora ou fauna galega rodeada de paisaxes de singular beleza ou os amantes do sendeirismo por camiños e carreiros rodeados de castiñeiros, carballos, uces… ou vexetación de ribeira.


 

Ademais, e aínda que apostamos por manter as raíces da tradición, dispomos de conexión wifi e outras novidades tecnolóxicas, conviertíndose nun espazo perfecto para celebrar reunións de empresa ou outros eventos.


En definitiva, Covas 21 é o lugar perfecto para festas familiares e reunións de amigos, para os amantes da natureza, ou simplemente para aqueles que necesiten atopar un recuncho de paz e tranquilidade. As portas da nosa casa están abertas para vós a partir do 1 de maio de 2018.


Para máis información e reservas, contacta con Xosé Manuel no teléfono 626 719 385 ou no correo electrónico covas21@gmail.com


Leave a comment