Doces momentos en Covas 21
Xa falta menos para ter lista a colleita de mel deste ano. Esta tempada non tivemos moita sorte co tempo meteorolóxico e as abellas non o tiveron nada fácil, pero pronto veremos os resultados do seu esforzo.
Ademais das nosas variedades tradicionais de mel de castiñeiro, mel de silva e milflores agardamos por en marcha a nosa nova liña de mel ecolóxico, que sen dúbida fará as delicias dos padales máis esixentes. Estade atentos ao blog e as nosas redes sociais porque iremos informando de todas as novidades.
Pero se non podedes agardar máis a probar o noso mel, aínda estades a tempo a probala. Contacta connosco para facer o teu pedido e goza dun doce momento da man de Covas 21. Podes consultar as variedades coas que traballamos neste enlace. Elixe a túa favorita, ou próbaas todas!