Loitar contra o lume: unha labor de todos

· | a bitácora · Galicia · Uncategorized @gal

Din os expertos que estamos a vivir o verán máis caloroso da historia. Iso implica maior temperatura no ambiente, logos períodos de seca e o deterioro paulatino das plantas pola falta de humidade.


Baixo estas condicións, as probabilidades de que se produza un incendio forestal dispáranse, unha situación por desgraza tan habitual en Galicia e que repítese cada verán. Se ben hoxe contamos contamos con ferramentas máis sofisticadas que os nosos antepasados, en moitas ocasións a natureza vence as capacidades humanas, producíndose esas catástrofes que se traducaen en decenas de miles de hectáreas de terreo natural queimado. Por non falar das vidas humanas e perdas materias que poden verse implicadas.


Como podemos frear os incendios?

Xa que non se pode loitar contra a nai de natureza, a única arma válida da que dispomos é a prevención. Evitar as prácticas que promovan a posibilidade de incencio, ou saber como actuar cando este se produce será a clave para poder atallalo e extinguilo, freando así os seus fatales efectos.


En Covas dispoñemos dun patrimonio natural inmenso, polo que sabemos o importante que é coidar a paisaxe e tomar todas as medidas preventivas que minimicen o risco de incendio. Como fieles protectores da natureza, hoxe gustaríanos compartir convosco este vídeo do MAPAMA, no que nos falan un pouco da labor dos equipos de extinción e os dispositivos implicados da extención dos incencios, co fin de concienciar aos cidadáns de todos os medios invertidos neste desastre que tantas veces ten coma orixe a acción do ser humano.




Leave a comment