O noso mel



Mel multifloral ou milflores

 

O milflores é o tipo de mel máis frecuente en Galicia, e prodúcese a partir dunha ampla variedade de especies florais, sen que haxa predominancia de ningunha en particular. De aí que poida distar tanto en sabor dependendo da zona na que se elabora, xa que é un fiel reflexo da riqueza de vexetación da súa zona de procedencia.  As principais especies que interveñen na elaboración deste mel son, entre outras, a flor do castiñeiro, da silva, dos breixos, do eucalipto, plantas silvestres ou árbores froiterias.

 

 

 

 

 

Mel monofloral de silva

 

Este mel elabórase a partir da flor da silva, máis coñecida noutras rexións como zarzamora. Prodúcese principalmente en interior, aínda que tamén en zonas de costa, procedente das matogueira de silva (Rubus spp.).

 

 

 

 

 

 

Mel monofloral de castiñeiro

 

Este mel é producido principalmente no interior de Galicia, sobre todo en zonas de montaña. A flor do castiñeiro achega gran cantidade de néctar, sendo moi apta para a elaboración de mel. Dependendo da climatoloxía pode achegar, ademáis, pequeñas cantidades de mielato ao final do verán, o que aporta diferentes matices ás características sensoriais destes meles.

 

 

 

 

 

 

Os datos da información nutricional destas variedades de mel foron obtidos do documento de investigación O mel: ouro doce da natureza, publicado polo Consello Regulador da IXP Mel de Galicia. Podedes descargar o documento completo neste enlace.

 

Para máis información ou adquirir o noso mel, contacta con Xosé Manuel Boán no +34 626 719 385.