Piñeiro

Pinus pinaster Linnaeus
Cast.: pino rodeno, pino resinero, pino marítimo; Cat.: pinastre, pi marítim; Eusk.: itsas pinua; Ing: maritime pine, cluster pine



Os piñeiros constitúen a maior proporción de árbores de Covas, sumando ata un 35% da súa poboación arbórea. Ata 11 hectáreas están poboadas con estes pinos, os cales datan de principios deste século. A especie predominante é o piñeiro bravo, unha das árbores máis frecuentes do bosque galego, o que fai que moitos denominen a esta especie “piñeiro galego”.


As principais características que o distinguen dos seus conxéneres son a forma da súa copa, que nas árbores adultas é redondeada e ocupa soamente o tercio superior, adoptando forma de campá a medida que envellece. Nas árbores xoves, a copa é piramidal. Pode alcanzar ata os 40 metros de altura, cun tronco de cor castaño escuro, as veces tortuoso e de grosa cortiza. Destaca o gran tamaño das súas acículas, de entre 10 e 25 cm, que se agrupan en parellas. As súas piñas tamén presentan gran tamaño, e de feito son as máis grandes dos piñeiros da Península Ibérica. As piñas son de forma alongada (8-22 cm), e cando maduran e se abren, os piñóns saen cunha á membranosa que facilita a súa dispersión a través de vento. As flores aparecen co comezo da primavera. As masculinas reúnense en grupos numerosos, medindo non máis de 2 cm de lonxitude, teñen cor amarela e son moi vistosas. Os conos femininos, pola súa parte, fan lembrar a diminutas piñas, duns 6 mm, de color violáceo.


O piñeiro é considerada unha especie de gran interese comercial, debido, principalmente ao valor da súa madeira, usada tanto para mobiliario e decoración, como para construcións no medio rural, circuítos saudables ou xogos infantís ao aire libre, adecuándose estupendamente ao medio natural. Por outro lado, este piñeiro é o principsl produtor de resina para a elaboración de pegamentos


El pino resinero es el principal productor de resina para la elaboración de pegamentos, aunque también se han explotado en menor medida los pinos carrasco y negral. Se trata de una tarea que debe ser realizada por especialistas para que el árbol no sufra en exceso y el rendimiento sea óptimo. Al pino se le hacen una serie de incisiones longitudinales en el tronco para que mane la resina, que gracias a una cuña metálica cae sobre unos potes o tiestos de barro o plástico sujetos por un clavo. Luego se vierten en bidones que ya pueden ser transportados por caballerizas o camiones para su procesamiento.