Sus scroba Linnaeus
Cast.: jabalí; Cat.: porc senglar; Eusk.: basurdea; Ing.: wild boar



O xabarín ou porco bravo é un asiduo compañeiro da fraga galega, así como un integrante máis da fauna de Covas. Ademais dos exemplares que viven na nosa corte (aos cales, a pesar do seu claro aspecto, se lles atribúe un título de porcos híbridos), os xabarís salvaxes andan libremente polos arredores, deixando os seus rastros cando se revolcan e remexen co fociño na maleza, ou deixando a marca que fan cos seus cabeiros nos troncos das árbores, para afialos. Aínda que poida ter un aspecto dócil, debes saber que é un animal de forte carácter territorial, polo que che aconsellamos que non te achegues demasiado se che cruzas cun destes exemplares.




Descubre máis de Covas…

Cabalo de Pura Raza GalegaPorco bravoPerdiz RubiaLavandeiraVoltar á Natureza