O frío detén a terrible vespa velutina
Según datos recencetes da Asociación Galega de Apicultores, coa chegada das baixas temperaturas rexistrouse unha menor actividade da temida vespa asiática, científicamente Vespa velutina, que tantos estragos ocasionou nas colmeas das nosas abellas autóctonas e, consecuentemente, na produción de mel deste ano. Todo indica que o insecto iniciou o seu período de hibernación, polo que é o momento de tomar conciencia dos acontecementos rexistrados no último ano e levar a cabo unha estratexia de loita que logre frear a este inimigo cando esperte do seu sono.
Dende Covas 21, enviamos o noso apoio a todos os apicultores afectados por este mal e ao desenrolo de novas accións encamiñadas a exterminar a este insecto invasor.
Deixámovos toda a información sobre a noticia neste enlace.