Patrimonio

Na ladeira do Castro de Castelo, o lugar onde todas as noites do 7 de setembro se celebra a “festa das fachas”, patrimonio inmaterial da Ribeira Sacra, está a Casa Grande de Covas, un conxunto etnográfico- paisaxístico, posiblemente  o máis completo e mellor conservado que hoxe poidamos atopar en Galicia  – casa grande, capela, forno, muíño, pallar grande, aira, hórreo, ponte medieval, pombal, conxunto bodega, fonte baixa, minicentral hidroeléctrica, canles dun antiquísimo sistema hidráulico posiblemente ligados a unha explotación mineira… restos do mazo dunha ferrería…