Que facer ante un terreo queimado

No Tags | Uncategorized @gal

Despois da terrible traxedia que vivimos nestes días na nosa terra, toca recapacitar e pensar nas medidas que realmenten lle sirvan ao medio ambiente para rexenerarse. De feito, soe ocorrer que as persoas, no seu afán por recuperar a paisaxe que tiñamos antes, realizan algunhas accións que non sempre resultan efectivas. É máis, en ocasións poden resultar perxudicias, danando aínda más o terreo queimado.

Por iso, hoxe gustaríamos darlle difusión a esta información procedente de ADEGA, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, na que nos explican o que debemos e o que non debemos hacer cando temos diantes un terreo queimado.

Podedes consuiltar neste enlace o artigo completo.

 

ACCIÓNS POSITIVAS

Estas accións deben ser coordinadas pola administración e as comunidades de montes, e básanse no seguinte:

Minimizar o uso de maquinaria pesada.
Non talar os esqueletes do mato e cortar só as árbores de certo tamaño para evitar danos ao solo.
Deixar os restos forestais sobre o solo en sentido perpendicular á pendente, para frear a escorrentía.
Repartir palla ou virutas (mulching) en zonas sensibles, en zonas con forte pendente, en zonas próximas a cursos de auga…
-Realizar faixas de sementeiras alternando coas anteriores e sempre seguindo as curvas de nível.
Poñer filtros vexetais (restos de podas, broza,…) preto das canles dos ríos, para frear os arrastres do solo e evitar a contaminación das augas

 

PROCURAREMOS EVITAR:

-Pisotear as zonas queimadas, xa que se aceleraría a erosión.
-Cortar árbores e romper pólas, porque supoñen unha protección contra a erosión.
-Realizar sacas de madeira de modo agresivo para o solo.
-Laborear e roturar o solo. Utilizar maquinaria pesada ou agresiva no chan.
-Asustar ou danar á fauna.
-Pastorear demasiado pronto, para evitar os efectos do gando sobre o solo e sobre a vexetación.


Leave a comment