A Queima das Fachas de Castelo
En Covas 21 sentimos orgullo das nosas raíces, por iso manter as tradición é unha das nosas maiores ambicións.
E como as festas son unha da mellor forma de manter viva a cultura da nosa terra, esta semana celebramos a Queima das Fachas, unha tradición de orixe celta que cada año celebramos en Castelo, parroquia a que pertencemos a familia de Covas. Unha oportunidade coma ningunha de rememorar a nosa historia, mentres gozamos de boa música, boa comida e moito espectáculo.
Neste vídeo fermosísimo amosan en que consiste a Queima das Fachas, pero invitámovos a que viñades a coñecelas persoalmente.
E aquí vos deixamos a programación detallada deste ano, que tamén poderedes concultar neste enlace.
PROGRAMA 2017
Xoves 7 de Septiembre, comezan as festas na parroquia de Santa María de Castelo, que pertence ao municipio de Taboada ás 21.00 horas coa gran pulpada no Castro. Ás 23.30 horas, tená lugar a tradicional Queima das Fachas, que trata dunha festa celta na que se queiman unha treintena de fachas na cima dun castro. As fachas son fabricadas con madeira de piñeio e pólas secas dunha planta chamada gamón. A noite culminará coa celebración dunha gran verbena a cargo da orquestra Claxxon.
Venres 8, comezará o festivo coa celebración da misa solemne en honor a Santa María de Castelo ás 13.30 horas, seguida da sesión vermú. Pola noche, gran verbena a cargo da orquestra Bahía e José Costas.
Sábado 9, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne en honor á Santa María de Castelo seguida de la sesión vermú. Pola noche, todos os asistentes gozarán dunha gran verbena a cargo do grupo Galicia que amenizará a velada ata altas horas da madrugada para poñer o broche final a estas festas.