A Rapa das Bestas de Sabucedo

· | a bitácora · Cabalos · Ocio e turismo · Uncategorized @gal

Continúa a acción para os amantes dos cabalos! Neste caso, cunha das festividades de maior popularidade e tradición galega: a Rapa das Bestas de Sabucedo.


Que é a Rapa das Bestas?

Para os que non estean familiarizados con ela, a Rapa das Bestas é o curro que cada se celebra na parroquia de Sabucedo, na provincia de Pontevedra. A celebración prolóngase durante catro días, o primeiro venres, sábado, domingo e luns do mes de xullo.


Hoxe en día súmanse á festa máis de 600 cabalos, denominando bestas ás femias e garañóns aos machos. Estes divídense en 14 manadas, que viven libres nunha extensión de máis de 200 km² de monte galego. A tradición marca queos cabalos deben ser recollidos do monte e ser introducidos do curro, para rapalos e marcalos. Nunha procura por buscar o benestar dos animais, hoxe en día evítanse as técnicas de marcaxe que poidan resultar traumáticas, utilizando un sistema de microchips.

 A orixe da Festa

Esta festividade ten os seus comezos a principios do século XVIII, de cando se ten rexistro da primeira celebración festiva da baixada das bestas ao monte para a súa posterior rapa, así como o mercado dos poldros máis xoves.


Non obstante, algúns expertos historiadores datan a tradición en tempos máis remotos, que podería incluso ser prerromana. Estas conclusións teñen como base as interpretacións dos símbolos atopados en diversos petroglifos. Neles aparecían representadas imaxes que recordan a homes montados a cabalo.


Chegados ao ano 1963, a festa foi declarada de interese turístico Nacional, se ben do 2007 ascendeu a Festa de Interese Turístico Internacional.

Quen pode ir?

Esta festividade é ideal para aqueles que amamos a estes animais e para todo aquel que queira mergullarse na historia e tradición de Galicia. Ademais, teredes a oportunidade de coñecer o entorno natural de Sabucedo, unha das estampas máis fermosas e auténticas da natureza rural galega.


Na festa desenrolaranse numerosas actividades relacionadas non só cos cabalos, senón tamén coa arqueloxía e a historia. E por suposto, música tradicional e moderna uníranse ao mellos da gastronomía para pechar o ambiente.


Así pois, non tedes escusa para non asistir á festa. Aquí vos deixamos un enlace ao  programa  completo, onde se amosan con detalle os horarios das actividades . Esíxese sacar entrada, polo que vos recomendamos sacala con antelación para garantir á asistencia.


Vémonos en Sabucedo!




Leave a comment