Coello de monte, unha receita tradicional

· | bitácora · Receita · Uncategorized @gal

En Covas 21 ofrecemos aos amantes do mundo da cinexética a oportunidade de vir gozar desta actividade nun entorno natural dunha forma sostible e respectuosa para o medio ambiente.


Dentro da oferta de caza menor, inclúese a posibilidade de caza de coello de monte galego. Este produto é considerado un dos manxares máis saborosos da cociña tradicional galega, cun sabor que nada ten que ver cos coellos de granxa que atopamos no supermercado.


Como? Que non sabes como preparar o coello de monte? Pois non te perdas a nosa entrada de hoxe e aprende a cociñar esta receita que fará que os teus comensais rebañen o plato ao final. Sexa inverno ou verán, asegurámosche que triunfarás.



Receita de Coello de Monte Guisado

Ingredientes

  • Un bo coello de monte da finca de Covas
  • 1 cebola
  • 2 allos
  • 2 culleradas de tomate frito
  • 1 cullerada de fariña
  • un vasiño pequeno de viño branco
  • aceite
  • perexil, 2 folliñas de laural ou outra herba aromática ao gusto


Preparación

1 – Unha vez teñamos ben limpa a nosa peza, partimos o coello en trociños, e preparamos un macerado con aceite, sal e, ben picadiños, un allo e perexil. Pincelamos con esta mezcla o coello o deixamos reposar unhas horas na neveira.


2 – Transcurrido o tempo de macerado, quendamos aceite nunha tixola e freímos os trozos de coello ata doralos lixeiramente.


3 – Unha vez frito, retiramos as pezas e as reservamos. No mesmo aceite, sofreímos a cebola e o allo sobrante cortados. Cando collan color, engadimos o tomate a a fariña, removendo constantemente a medio lume ata que espese. Engadimos o viño e o laurel, sen deixar de remover ata que a mezcla quede ben ligada.


4 – Nunha pota introducimos os pedazos de coello xunto coa salsa que acabamos de preparar, engadimos auga ata cubrir, rectificamos de sal se fora necesario e o deixamos ferver ata que o coello estea tenro.


5 – Servimos ben quente, cunha guarnición de patacas fritidas ou sen máis cunha rebanada dun bo pan artesán (a poder ser de Lugo). A comer!





Esperamos que con este post conseguísemos facervos a boca auga e espertar en vós as ganas de vir a Covas 21 a atrapar o voso coello e probar a facer esta receita chea de sabor e tradición.


Leave a comment