A historia do mel en Galicia (I)

No Tags | bitácora · Galicia · Mel

O mel, ouro doce de Galiza, é un dos emblemas da casa de Covas 21. De aí que apicultura sexa para nós unha das áreas de maior interese, non só por tratarse dun dos produtos elaborados na nosa casa, senón tamén pola mera curiosidade de aprender e entender a importancia deste alimento tan arraigado á cultura galega.

Por iso hoxe gustaríanos compartir convosco un pouco da historia do mel en Galiza, e aportar algúns datos canto menos curiosos acerca da traxectoria da apicultura na nosa terra.

 

Os comezos da Apicultura Galega

En Galiza, a práctica da apicultura experimentou a súa maior expansión antes da chegada do azucre, cando o mel era o único edulcorante coñecido. Este feito, unido as propiedades medicinais contrastadas deste alimento, fixeron que o mel gañase gran popularidade nesta época.

No Catastro do Marqués de Ensenada dos anos 1752-1753 fálase dun total de 366.339 colmeas tradicionais, trobos ou cortizos, que aínda hoxe podemos ver en moitos lugares. Este dato indica claramente o importante que era considerada a apicultura en Galiza dende a antigüidade, sendo a toponimia galega fiel testemuña deste feito. Aínda hoxe non é infrecuente atopar construcións típicas da época, como as abellarizas (tamén coñecidas como cortín, albar ou albariza), destinadas a protexer as colmeas e dificultar a entrada de animais. Estas construcións instalábanse ao aire libre, tiñan forma ovalada ou circular e estruturábanse en muros altos. Nas serras orientais dos Ancares e o Caurel temos exemplos claros destas estruturas, onde aínda as utilizan.

Nestes tempos pasados o comercio non era como hoxe en día, e a oferta deste desexado produto reducíase ás festas locais do outono, debido ao carácter estacional no produto producindo unha única colleita ao ano.

 

Os protagonistas

Un dos personaxes históricos que requiren especial mención é Don Benigno Ledo, párroco de Argozón (Chantada, Lugo) e un referente da apicultura a galega. Don Benigdo, alcumado con moito atino o “cura das abellas”, instalou a primeira colmea mobilista no ano 1880. Algúns anos despois, construíu a primeira colmea para a multiplicación por división e cría de raíñas, faena a que denominou colmea-viveiro. A súa repercusión non se limita só a comunidade galega, senón que os seus méritos expendéronse por todo o territorio nacional. Roma Fábrega, autor de numerosos e relevantes traballos neste campo, cita que o primeiro español con colmeas mobilistas foi Don Benigno.

O primeiro traballo galego sobre apicultura do que se ten constancia pertence a don Ramón Pimentel Méndez (1893), obra que leva por título “Manual de Apicultura”, escrito expresamente para os apicultores de Galiza.

Posteriormente, e utilizando como base esta bibliografía, o cura das abellas publicaría as súas propias obras, como o renomeado Curso Práctico de Apicultura, que servirían como material didáctico aos apicultores.

Hoxe en día aínda é posible adquirir estas obras (como neste enlace), que son consideradas non só como bibliografía de referencia, senón como auténticas pezas de museo.

 

A apicultura moderna

O que podemos chamar apicultura moderna non comezaría ara 1975, época na que se suceden os primeiros cambios no coñecemento dos apicultores e a introdución de novas metodoloxías que rompían co sistema tradicional de explotación apícola. Hoxe en día son moitos os apicultores que tratan de recuperar o sistema tradicional de produción, nun intento de revalorizar a exclusividade do mel de Galiza, introducindo só as melloras tecnolóxicas necesarias para garantir a calidade e seguridade do seu produto.

 

O deixamos aquí por hoxe. En próximas entradas seguiremos aportando máis información sobre a apicultura galega e os seus protagonistas principais.

 

Invitámobos a que coñezades as nosas variedades.

Xa nos quedan poucos botes da última produción, así que non esperedes á seguiente para probalas!

 

 

 

Fontes: http://www.gastronomiadegalicia.com


Leave a comment