Equus ferus caballus Linnaeus
Cast.: caballo de pura raza gallega; Cat.: cavall de pura raça gallega; Eusk.: galiziar ponia; Ing.: Galician horse breed.



Un importante membro da familia de Covas o constitúen os seus cabalos de pura raza galega, ou cabalo galego de monte, como outros lles chaman. Estes animais pertencen á única raza equina autóctona de Galicia, a cal considérase, de acordo ao Anexo I do Real Decreto 2129/2008, do 26 de decembro, trátase dunha raza en perigo de extinción. A raíz desta situación, iniciouse o Programa Nacional de Conservación, Mellora e Fomento das Razas Gandeiras. Ata fai uns anos, o principal interese para a conservación destes exemplares centrábase na produción cárnica. Sen embargo, e sen deixar de lado a importancia que ten este animal nas explotacións alimentarias extensivas, dende o 2013 asinouse o Convenio de Colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego para a posta en valor das aptitudes desta raza no ámbito deportivo, de exposición ou actividades de ocio, con fin de dar difusión ás características e calidades que identifican a raza, mostrando o seu temperamento afectivo, abrindo novas vías de comercialización e estimulando o interese pola raza entre o público en xeral, coas repercusións económicas e sociais que iso implica.


O aspecto destes fermosos animais é rústico, sobrio e recio. Esteticamente, recoñécese polo seu perfil recto e subcóncavo, de talla lixeira (entre 165 e 300 kg), de capa castaña e con menor frecuencia moura. Destacan os seus ollos grandes e expresivos, e as súas crins, como a súa cola, son ben poboadas. Presenta, en xeral, aspecto robusto e extremidades curtas e fortes, adaptado ao campeo no monte. A súa identidade galega faise ver no seu carácter, xa que, aínda que é moi independente, é dócil, tranquilo e traballador, de espírito valente e intelixente. É un animal que coñece a liberdade da montaña, ambientado e adaptado ao paisaxe boscoso e sotobosque, gardando unha gran forza e enerxía no seu interior. Poden vivir máis de 20 anos, e soportan con facilidade as inclemencias do clima montañoso.


En Covas invitámoste a que coñezas aos nosos compañeiros de Pura Raza Galega, os cales pasan os días acampando pola finca, fieis ao seu espírito libre e independente. Agora ben, adoran os agarimos e estarán encantados de que lles ofrezas as túas caricias e mimos. Pata, Moro, Fina, a Potra, Manolita e o resto da familia estanche agardando.





Descubre máis de Covas…

Coello de montePaspallásPorco bravoPerdiz RubiaLavandeiraVoltar á Natureza