Castiñeiro

Castanea sativa Mill . [= Fagus castanea L., nom. subst.]
Cast.: castaño; Cat.: castanyer; Eusk.: gaztainondoa; Ing.: chesnut.



Os castaños son un dos habitantes máis coñecidos da finca de Covas, supoñendo cerca dun 25% da poboación arbórea. De aí que os seus froitos, as castañas, sexan un dos produtos estrela das nosas terras.
O castiñeiro é una árbore corpulenta, de folla caduca e copa ampla e redondeada, que pode alcanzar ata os 20 ou 30 m de altura. Poderás recoñecelo facilmente polas súas grandes follas de borde serrado, que miden 10-25 cm de longo, e 3-7 cm de ancho. O seu tronco acostuma a ser máis groso e curto nas árbores cultivadas, sendo máis esvelto e menos ramosos cando son silvestres. A cortiza dá aspecto cincento, de cor parda, aínda que nos máis xoves a coloración é máis verdusca. As flores do castiñeiro nacen en longas espigas erguidas, de forma estreita, amarillenta e interrompidas. A súa floración emerxe entre maio e xuño, dando lugar a flores de forte olor que son polinizadas por insectos. Os seus froitos son coñecidos por todos pola súa forma redondeada e o seu ápice peloso. Teñen unha cuberta correosa de cor parda-vermella, lustrosa no exterior e aterciopelada no interior, coa base de ton máis claro. Normalmente este froito contén unha soa semente, de cuberta membranosa e parda ou amarillenta. As castañas agrúpanse en número de 1 a 3 no interior dunha cúpula globosa e endurecida, que fai lembrar a un ourizo de longas espiñas punzantes. A forma de este ourizo varía en función do número de castañas que agocha no seu interior. A súa maduración sucede en outubro, e máis raramente en setembro ou novembro, o que converte a castaña no froito tradicional galego do outono.


Os estudos científicos levados a cabo en polen fan deducir que a castaña xa estaba presente en Galicia no Pleistoceno e segunda metade do Holoceno, o que induce a pensar que é un froito con centros de miles de anos de antigüidade nas nosas terras. Iso explica o culto que recibiu o longo da historia, non só por tratarse a base da alimentación campesiña do século XVI, senón por ser considerado coma un talismán máxico. Os druidas considerábano un froito sagrado, aínda que serían as lexións do Imperio Romano, no século I d.C., quen introduciría o seu cultivo na Península, sendo consumidas asadas, secas ou como fariña.


Como non podía ser menos, as castañas dispoñen de festividades propias en Galicia, xa sexa na Noite de Todos os Santos (1 de novembro), nas que se cocen castañas con anís para que as ánimas do purgatorio e outros espectros se alimenten, e como non, o tradicional Magosto, que se celebra pola recollida da castaña, tamén en novembro, e que antigamente servía como forma de agradecemento pola colleita recibida, levando a cabo unha gran festa coroada polas castañas asadas ao lume e acompañadas de viño, chourizos, música e queimada.





Descubre máis de Covas…

Coello de montePiñeiroCastiñeiro (folla e froito)Perdiz RubiaLavandeiraVoltar á Natureza