Coello de monte galego

Oryctolagus cuniculus Linnaeus
Cast.: conejo de monte; Cat.: conill de bosc; Eusk.: Untxi; Ing.: European rabbit



Os coellos de monte son un dos personaxes clave en Covas, aos que non é raro ver asomando timidamente fociño entre a maleza. Estes entrañables animaliños poden alcanzar os 50 cm de lonxitude, e non máis de 1,5 kg de peso. Presentan unha pelaxe suave, de cor pardo grisácea, ou pardo claro, que varía parcialmente segundo a estación. Polo ventre son brancos. Os seus ollos enormes están franqueados por unha franxa branca, e os extremos das súas patas son negras.


O coello do monte non é só unha estrela na terra de Covas, senón que o seu papel como presa principal de mamíferos carnívoros e aves de presa e converte nunha peza clave da cadea trófica. Son animais moi delicados, que en ocasións vense afectados por serias afeccións víricas e parasitarias, o que explica a súa progresiva desaparición nos últimos anos. Hoxe en día existen diversas iniciativas enfocadas a súa conservación e preservación da pureza dos seus xenes, debido á importancia que esta especie supón para a biodiversidade do noso monte.





Descubre máis de Covas…

Cabalo de Pura Raza GalegaPaspallásPorco bravoPerdiz RubiaLavandeiraVoltar á Natureza