Paporrubio

Erithacus rubecula Linnaeus
Cast.: petirrojo; Cat.: pit-roig; Eusk.: txantxangorria; Ing.: European robin



O paporrubio é unha das aves máis familiares para paseantes e amantes da natureza, sendo habitual atopalo dando saltiños entre as follas secas na procura de alimento (principalmente insectos e baias), ou nas pólas das árbores, botando fóra o seu peito vermello mentres soltan o seu canto melodioso e elaborado, comunicándose cun compañeiro ou ben delimitando o seu territorio.


Identifícase facilmente pola coloración vermella-alaranxada que tingue o seu peito (de aí o seu nome), ademais da gorxa e a fronte. As partes superiores son pardo oliváceas, mentres que o abdome é brancuzco. Mide uns 14 cm e ten un aspecto rechoncho e vivaz.


A simple vista non é sinxelos distinguir machos de femias, aínda que en xeral os primeiros teñen unha cor vermella máis intensa e son máis protagonistas no que a cantar se refire. As femias soamente escóitanse no inverno, sendo a mediados nesta época cando comezan a buscar parella, elixindo entre os machos que mellor canto lles ofrezan.




Descubre máis de Covas…

Cabalo de Pura Raza GalegaCoello de montePorco bravoPerdiz RubiaLavandeiraVoltar á Natureza