Perdiz rubia

Alectoris rufa Linnaeus
Cast.: perdiz roja; Cat.: perdiu roja; Eusk.: eper gorria; Ing.: red-legged partridge



As perdices gozan dunha privilexiada posición en Covas, debido a importancia que teñen no sector cinexético. É un ave de aspecto rechoncho, de mediano tamaño, que non presenta dimorfismo sexual. Caracterízase por unha plumaxe pardo grisácea no dorso, ventre alaranxado e flancos con chamativas franxas brancas, mouras, marróns e grises. As patas, o pico e o anel ocular son rubios, o que explica que en moitas rexións se lle chame tamén perdiz rubia.


Esta ave presenta hábitos terrestres, desprazándose habitualmente a pé e sendo unha boa andadora. Non obstante, iso non quita de que tamén posúa un voo rápido e directo, deixando un bonito espectáculo de cores entre cada aleteo. O seu canto é elaborado e característico. Os machos producen unha serie de cloqueos curtos, e despois frases trisilábicas con ritmo acelerada, que van aumentando en intensidade. Ademais, ambos sexos son capaces de emitir voces curtas dependendo do contexto social.





Descubre máis de Covas…

Cabalo de Pura Raza GalegaCoello de montePorco bravoPaspallásLavandeiraVoltar á Natureza