Turismo Cinexético







Alternativa sustentable



Aínda que a cinexética é considerada unha actividade de gran interese no sector do ocio galego, a realidade é que en Galicia son escasos os terreos legalmente aptos para levala a cabo ou para poder realizar un adecuado adestramento dos seus cans, tal e como demostra a demanda que estes servizos presenten fora da nosa comunidade autónoma.



En Covas 21 soubemos recoñecer esta necesidade de sector, atopando nas nosas terras un espazo perfecto onde poder levar a cabo unha actividade cinexética ordenada e sustentable. A nosa finca reúne excelentes condicións tanto para o adestramento de cans de caza como para a propia caza, concibindo esta actividade como parte da recuperación do uso do monte e a conservación da fauna.










O coello de monte



Unha das iniciativas nas que participamos é a recuperación do coello do monte galego, apoiando a loita que hoxe en día se leva a cabo pola conservación das poboacións autóctonas deste mamífero e a preservación da súa pureza xenética.


Deste xeito, traballamos no mantemento das poboacións de coello de monte en liberdade, que se complementa coa súa cría en espazos limitados e controlados nos que controlamos o seu estado fisiolóxico nos momentos máis vulnerables da súa vida.


Unha vez alcanzan a idade adecuada, e tras un estudado período de adaptación ao novo ecosistema, son postos en liberdade en áreas especiais, as que chamamos biotopos, nos que estes animais establecen as súas guaridas e inician un estilo de vida salvaxe.











A caza de pluma



Así mesmo, contamos cun voadeiro adaptado para a cría de perdices rubias, faisáns e paspallás, das que levamos a cabo a súa cría controlada para a posterior posta en liberdade, de forma equivalente á que realizamos cos coellos.






¿QUERES VIR A CAZAR A COVAS 21?


Para máis información e reservas, contacta con

Xesús Boán: +34 608 982 367



 

Contacto