Turismo rural







Vive a natureza



Se andas na procura dun lugar no que poder agocharte do acelerado ritmo da vida urbana e o ambiente asfixiante da cidade, Covas 21 é o lugar que precisas. Estamos nun espazo illado, rodeados de castiñeiros, carballos e piñeiros, onde o canto das aves e o correr do río substitúen a bucinas e o alboroto das rúas. Un espazo no que poderás atopar ese anhelado descanso, ou no que poder mergullarte nun ambiente de paz e tranquilidade.












O noso proxecto

Estamos poñendo en marcha unha iniciativa de oferta de aloxamento para todos aqueles que estén buscando unha alternativa de turismo rural na Alta Ribeira Sacra. Dispoñemos de dous apartamentos completamente restaurados e habilitados que contan con dormitorio, cociña completa, calefacción, rede wifi e baño propio, e o noso propósito e finalizar o antes posible a restauración de dous máis.


Deste xeito, en Covas 21 queremos incentivar o turismo rural galego e que descubras o que é a vida rodeado dunha natureza única, gozando dunha agradable estancia cos teus familiares e amigos, ou onde poder atopar ese espazo que necesites para ti mesmo.


No interior do complexo casa-vivenda contamos con catro apartamento completamente rehabilitados para aloxamento rural, así como varios salóns de descanso, nos que poderán aloxarse ata 14 persoas. Nestes apartamentos os usuarios disporán de todas as comodidades nun entorno de auténtica natureza, onde poder gozar das alternativas que ofrece Covas 21. Por outro lado, a nosa privilexiada ubicación na Ribeira Sacra vos permitirá coñecer de preto outros tesouros da nosa cultura, do noso patrimonio e da nosa gastronomía.


A oferta de aloxamento en Covas 21 adáptase a un amplo rango de perfís: dende familias e parellas que andan na procura dun lugar a onde fuxir da rutina diaria, ata aos amantes da cinexética, quenes vivirán intensamente a súa afición.


Ademais, e aínda que apostamos por facer perdurar as raíces da tradición, dispoñemos de conexión wifi e outras novidades tecnolóxicas, polo que se convirte nun espazo perfecto para celebrar reunión de empresa ou outros eventos.


En definitiva, Covas 21 é o lugar perfecto para xuntanzas familiares e reunións de amigos, para os amantes da natureza, ou simplemente para aqueles que precisen atopar un recuncho de paz e tranquilidade. As portas da nosa casa están abertas para vós.


Para máis información e reservas, contacta con Xosé Manuel Boan no teléfono 626 719 385 ou no correo electrónico info@covas21.com.






 

Para máis información e reservas, contacta con nós



Contacto