Chegou o verán a Covas!
Bos días a todos!
Como xa sabedes, estamos a un paso de poñer o pé no verán, así que xa vai sendo hora de ir facendo plans para estas vacacións. E máis cando todas as previsións apuntan a un estío dos más calorosos.
Así que vos propoñemos unha escapadiña por Covas, coa que poder gozar da natureza con todo o seu esplendor.
Para amantes da cinexética
A partir do 1 de xullo abrimos oficialmente a tempada de caza. En Covas dispoñemos dun entorno inmerso nunha natureza real, na que os coellos e perdices habitan, tras un proceso minucioso de adaptación, como se estivesen en liberdade.
Polo tanto, se es un amante da cinexética, na nosa finca atoparás un lugar ideal onde poder levar a túa paixón á práctica.
As nosas especialidades son a caza menor de pelo e pluma. Podes ampliar información e pedir un presuposto facendo click aquí.
Por suposto, mantemos o servizo de adestramento de cans, que ademais das anteriores variantes tamén inclúe o adestramento de cans para xabarín.
Para apaixonados da natureza
E se o que precisas é respirar aire fresco e perderte nas delicias da fraga galega, temos o sitio perfecto para ti. En Covas convivimos rodeados de natureza autenticamente galega, constituída por unha morea de especies de fauna e flora autóctona que non poderás parar de admirar. Bastará un paseo polos arredores da finca para illarte do mal corpo da rutina e gozar dun entorno único.
Se queres ir abrindo boca, bota unha ollada á nosa sección de natureza.
O dito, amigos. Non o dubidedes e achegádevos a Covas!