A nosa historia

 

Covas é un lugar situado no centro de Galicia, ao lado da alta Ribeira Sacra, no que conviven, de forma ordenada, a casa-vivenda coa súa pequena capela, o muíño, o pombal, o hórreo, os carballos e os castiñeiros centenarios, os coellos do monte… Unha ollada deste espazo pode axudarnos a adiviñar o que era a vida galega no medio rural hai trescentos anos.

Covas 21 S. L. é unha empresa creada no ano 2011 pola familia propietaria para conservar este conxunto de cultura e natureza desbordante. O obxectivo é facer deste lugar un espazo sustentable desde un triplo punto de vista: medioambiental, económico e cultural.

O esforzo familiar, a axuda dos amigos e, sobre todo, a do Grupo de Desenvolvemento Rural Miño-Ulla, posibilitan que o proxecto comece

a andar en outubro de 2015 cos servizos de adestramento de cans de caza e da propia caza menor nas súas diferentes modalidades: arco, arma de fogo…; en novembro de 2015, coa recolección e venda de castañas; durante o ano 2016, coa produción e venda de mel e con servizos de ocio e aloxamento rural; e, por último, durante o ano 2017, coa recolección e venda de cogomelos.

 

 

Localizacións

 Descubre todos os segredos desta terra. Descubre todas as actividades, os produtos que producimos e a nosa percepción da natureza dende este pequeno recuncho do mundo.

down13