Lavandeira

Motacilla alba Linnaeus
Cast.: lavandera blanca; Cat.: cuereta blanca; Eusk.: buztanikara zuria; Ing.: white wagtail



As lavandeiras son aves monógamas e territoriais, que colocan os seus niños en ocos en rochas, pontes ou muros. Caracterízase polo seu voo ondulante, e polo seu grito agudo, un tsi-tsi que vai lanzando mentres voa. Un hábito destacable destas aves é o seu continuo balanceo da cúa. Esta ave alcanza uns 18 cm de lonxitude, presenta un aspecto estilizado, sendo toda ela un contraste de brancos e negros. Ten o dorso coloreada en gris cinza, o ventre branco, ás mouras con bandas brancas cando están pregadas e unha longa cúa moura pero con plumas externas brancas. Tanto as patas como o pico son mouros, mentres a cara é branca rodeada de tons mouros.


Machos e femias poden diferenciarse porque elas caracterízanse por ter a caluga gris. En inverno tamén podemos atopar algunhas diferenzas de cor, atopando que a cor negra está reducida na cabeza, a gorxa é branca e mostra unha banda pectoral moura.




Descubre máis de Covas…

Cabalo de Pura Raza GalegaCoello de montePorco bravoPerdiz RubiaPaspallásVoltar á Natureza